Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 15 de decembro de 1999 Páx. 14.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador en materia de aparellos elevadores OU-AE-29/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria e do Regulamento de aparellos elevadores (O.M. do 30 de xuño de 1996), por non ser posible a súa notificación.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo en virtude do disposto no artigo 24.3º do R.D. 1898/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora dispón do prazo de 15 días para presenta-las alegacións que coide pertinentes, e no caso de non presentalas segundo o artigo 13.2º do dito regulamento 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Os interesados poderán informarse do estado de tramitación deste expediente dirixíndose a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Ourense, con domicilio en r/Curros Enríquez, nº 1-4º.

Ourense, 21 de outubro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-AE-29/1999.

Denunciado: Comunidade de Propietarios do edificio sito en Avda. Habana 34.

Último domicilio coñecido: Avda. Habana, 34-Ourense.

Feito probado: non ten pechadura a porta da sala de máquinas.

Cualificación infracción: leve.

Precepto infrinxido: artigo 24.3º do Regulamento de aparellos elevadores (O.M. do 30-6-1966 en relación co artigo 31.3º a) da Lei de industria.

Precepto sancionador: artigo 34.1º a) da Lei 21/1992.

Sanción: multa de ata 500.000 ptas.