Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 15 de decembro de 1999 Páx. 14.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da resolución recaída no expediente sancionador en materia de aparellos elevadores OU-AE-64/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado que no anexo se menciona a resolución recaída no expediente sancionador por infracción da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións desta delegación provincial número 311/0000/918 de Caixa Galicia, urbana 6 de Ourense, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita en r/ Curros Enríquez, 1-4º Ourense. Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 21 de outubro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-AE-64/1998.

Denunciado: Comunidade de Propietarios do edificio sito en r/ Velázquez nº 10 (12 novo) Ourense.

Último domicilio coñecido: r/ Velázquez nº 10 (12 novo) Ourense.

Feitos denunciados: o diferencial de forza corta iluminación.

Cualificación infracción: leve.

Precepto infrinxido: artigo 99 da OM do 30-6-1966 en relación co artigo 31.3º.a) da Lei 21/1992.

Precepto sancionador: artigo 34.1º.a) da Lei 21/1992.

Sanción: 2.000 ptas.