Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 15 de decembro de 1999 Páx. 14.709

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a relación provisional de solicitantes excluídos para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, de conformidade co establecido na Resolución do 30 de xuño de 1999.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 30 de xuño de 1999 (DOG nº 129, do 7 de xullo), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral nas relacións de postos de traballo, reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se modifica o Decreto 252/1992, do 30 de xullo, e á vista das instancias presentadas polos solicitantes relacionados no anexo a esta resolución, e unha vez elaborados pola Comisión Permanente de Selección as listaxes provisionais na súa sesión do día 1 de decembro de 1999, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións dos solicitantes excluídos para a cobertura, con carácter tem

poral, de postos de traballo reservados a persoal laboral, da forma que seguidamente se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-O citado anexo atópase exposto nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia para a reparación de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que irán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, e se é o caso, levaranse a efecto as reparacións procedentes, dándose disto a oportuna publicidade.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública