Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 15 de decembro de 1999 Páx. 14.710

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 25 de novembro de 1999 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciada por Orde do 27 de setembro de 1999.

Convocada por Orde do 27 de setembro de 1999 (DOG nº 197, do 11 de outubro) a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e resolta parcialmente pola Orde do 11 de novembro de 1999 (DOG nº 228, do 25 de novembro), de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 27 de setembro de 1999 (DOG nº 197, do 11 de outubro) e resolta parcialmente pola Orde do 11 de novembro de 1999 (DOG nº 228, do 25 de novembro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1999.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

ANEXO I

NRP ou DNI: 3238036313A1135.

Apelidos e nome: María José Gude Sampedro.

Grupo: C.

Corpo/escala: administrativo.

Código do posto: XUC991000015001043.

Denominación: Sección de Xestión Económica e Orzamentaria (habilitación).

Nivel: 24.

Dependencia: Delegación Provincial da Coruña.

Localidade: A Coruña.