Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 15 de decembro de 1999 Páx. 14.703

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Chocogalicia, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Chocogalicia, S.L., nº de código 3602692,

que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-11-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo delegado de persoal, o 6-10-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de novembro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Chocogalicia, S.L.

Artigo 1º.-Unidades de negociación.

A representación das partes que negociaron, aprobaron e subscribiron o texto deste convenio estivo constituída do seguinte xeito:

Pola parte económica: Jesús Fraile Delgado, como administrador da empresa.

Pola parte social: José Mª López Durán, delegado de persoal.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio regulará as relacións laborais da empresa Chocogalicia, S.L. e afecta a todo o persoal pertencente ó cadro, así como ós traballadores que ingresen durante a súa vixencia.

Artigo 3º.-Vixencia. Denuncia.

Este convenio terá unha vixencia de dous anos; entrará en vigor a partir do día 1 de xaneiro de 1999 e finalizará o día 31 de decembro de 2000. Prorrogarase tacitamente por períodos anuais, salvo denuncia de calquera das partes, con tres meses de anticipación, como mínimo, á data da súa terminación.

Artigo 4º.-Compensación e absorción.

As melloras contidas neste convenio unicamente poderán ser absorbidas ou compensadas por aquelas melloras legais ou regulamentarias que no futuro se establezan, consideradas en cómputo global e anual.

Artigo 5º.-Xornada de traballo.

Establécese unha xornada laboral anual de 1.743,75 horas de traballo efectivo, distribuídas de luns a venres de 7.30 a 15.30 horas, cun descanso de 15 minutos para bocadillo por conta da empresa.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Devengaranse horas extraordinarias cando as necesidades de traballo o requiran, como reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como caso de risco de perda de materia prima ou productos terminados, por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural.

Artigo 7º.-Permisos retribuídos.

O traballador, avisando coa posible anticipación e xustificándoo adecuadamente, poderá faltar ó traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expón:

a) Por matrimonio: 15 días naturais.

b) Por falecemento do cónxuxe, parella estable, pais ou fillos: 5 días naturais.

c) Por falecemento de irmáns, pais políticos, avós ou netos: 3 días naturais.

d) Por enfermidade grave do cónxuxe, parella estable, pais, fillos ou irmáns, e por nacemento de fillo: 3 días naturais.

e) Por falecemento de irmáns políticos: 2 días naturais.

f) Por falecemento de curmáns: 1 día natural.

Se cómpre o desprazamento a outras localidades nos casos c) e d), o permiso incrementarase un día.

Artigo 8º.-Vacacións.

Constarán de 30 días naturais, e para o seu desfrute poderase pacta-lo seu fraccionamento, de común acordo.

Polo menos un período de 15 días deberase desfrutar de xeito continuado.

Artigo 9º.-Salarios base.

Para o ano 1999 establécese un salario resultante de lles incrementar ós vixentes ata o 30-9-1999 dez mil pesetas lineais. A partir do 1-10-1999 e ata o 31-12-2000, a este salario incrementado en dez mil pesetas engadiráselle un segundo incremento de cinco mil pesetas lineais.

Os salarios así establecidos quedan reflectidos na táboa salarial que figura como anexo deste convenio, que serán as bases de cómputo para as restantes percepcións de índole salarial.

Artigo 10º.-Antigüidade.

Os traballadores ó servicio da empresa afectada por este convenio percibirán, como premio de antigüidade, dez trienios ó 6% do salario base de cada un deles. Para este efecto, computaranse os períodos de aprendizaxe.

O módulo para o cálculo e o aboamento do complemento persoal de antigüidade será o último salario base percibido polo traballador.

Este premio quedará suxeito nos seus límites á normativa de rango superior que se puidese establecer.

O comezo do seu aboamento terá lugar desde o primeiro día do propio mes do seu cumprimento.

Se existise persoal fixo de campaña, desfrutará deste complemento pero computándose cada 12 meses de campaña por un trienio.

Artigo 11º.-Pagas extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias aboaranse nos meses de xullo e decembro e consistirán nunha mensualidade de salario base máis antigüidade cada unha delas.

Estas gratificacións faránselle efectivas ó traballador que ingresase no transcurso do ano ou cesase durante el, en proporción ó tempo traballado, para o cal, para os traballadores que teñan polo menos dous anos de antigüidade na empresa, a fracción do mes computarase como unidade completa.

Artigo 12º.-Participación en beneficios.

Con carácter de participación en beneficios, a empresa aboaralles ós seus traballadores unha gratificación equivalente a 30 días de salario base máis a antigüidade correspondente, o pagamento do cal se efectuará na segunda quincena de febreiro.

Esta gratificación percibiraa todo o persoal da empresa, incluídos aqueles que ingresen ou cesen nela durante o ano, os que, cos eventuais ou interinos, a percibirán en proporción ó tempo traballado.

Artigo 13º.-Suplido por gastos de transporte.

Tódolos traballadores afectados por este convenio terán dereito á percepción dun complemento de transporte na contía de 10.562 pesetas mensuais, descontándose a parte proporcional dos días de falta ó traballo mediante a seguinte fórmula:

10.562 x nº días de faltas

nº días laborables/mes

As cantidades percibidas por este concepto non terán a consideración de salario para ningún efecto,

polo que non se computarán para o caso de antigüidade, gratificacións extraordinarias, vacacións, etc.

O persoal de vendas que realice a súa tarefa con vehículo propio, así recoñecido pola dirección, percibirá a cantidade compensatoria de 26 pesetas por quilómetro percorrido.

Artigo 14º.-Quebranto de moeda.

O persoal que habitualmente efectúa pagamentos e cobramentos de facturas percibirá por este concepto a cantidade de 12.768 pesetas mensuais.

Artigo 15º.-Novas categorías laborais.

Sereno: é o profesional contratado para efectua-las funcións propias de vixilancia. A súa contratación realizarase especificamente para realiza-la xornada nocturna, e o salario correspondente fíxase tendo en conta esta circunstancia.

Secretario de dirección: a súa función administrativa de asistencia á dirección comprenderá, ademais das delegacións de funcións desta, o labor de coordinación dos mandos intermedios e dirección, así como as actividades de representatividade e de relacións comerciais propias deste nivel xerárquico (asimilable a oficial de 1ª administrativo).

Caixeiro: o seu cometido é realizar cobramentos e pagamentos na fábrica, de acordo coas normas que sobre o particular ten establecidas a empresa ou que poida establecer, emanándolle as ordes do órgano superior administrativo. Deberá efectua-los apuntamentos de caixa e face-las anotacións nos libros auxiliares do movemento diario.

Degustador: é o profesional que efectúa a publicidade dos artigos da empresa nos establecementos comerciais onde se necesita efectua-la promoción deles.

Licenciado: é aquel traballador que, sendo licenciado por calquera das facultades dunha universidade, realiza o seu traballo precisamente relacionado coa súa titulación e en consonancia con ela.

Artigo 16º.-Enfermidade ou accidente.

Os traballadores que padezan enfermidade percibirán desde o primeiro día e durante o prazo de seis meses o complemento necesario para que, sumado ás prestacións da Seguridade Social, alcance o 100 por 100 do seu salario base máis antigüidade, nos casos seguintes:

a) En tódolos supostos que requiran hospitalización.

b) Nas enfermidades de máis de 20 días consecutivos de duración.

No caso de a incapacidade se derivar dun accidente de traballo, o prazo de seis meses ampliarase a un ano, aboándoselle o 100% en tódolos supostos desde o primeiro día.

Os traballadores deberán presenta-los xustificantes médicos na oficina da empresa dentro dos prazos establecidos regulamentariamente.

Artigo 17º.-Xubilación anticipada.

De conformidade coa normativa vixente sobre a materia, e en atención ós posibles efectos que para palia-lo paro puidese ter, os asinantes deste convenio acordan a posibilidade de xubilación ó cumpriren os 64 anos os traballadores que así o soliciten, comprometéndose a empresa á contratación simultánea de traballadores novos ou receptores do seguro de desemprego en número igual ó das xubilacións anticipadas que se pacten, con contrato de igual natureza que os que se substitúen.

Artigo 18º.-Equipo de protección persoal.

Os labores de limpeza que requiran calzado especial estarán dotados de dous pares de botas que se lle asignarán a cada operario/a por ano natural.

O persoal de fabricación será provisto de:

-2 uniformes (bata, mandís, cofias) ó ano, ó persoal feminino.

-2 fundas ó persoal masculino.

-Luvas especiais nos casos en que se requiran.

Artigo 19º.-Garantía ad personam.

As condicións pactadas neste convenio enténdense sempre con este carácter de mínimas, e deben ser respectadas as condicións de todo tipo que veñen desfrutando os traballadores en canto sexan máis beneficiosas que as aquí establecidas, consideradas estas en cómputo global e anual.

Artigo 20º.-Axuda por xubilación.

Ó se produci-la baixa na empresa por xubilación dun traballador con máis de vinte anos de servicio nela, recibirá desta o importe íntegro dunha mensualidade de salario real.

Artigo 21º.-Traballo nocturno.

Os traballadores que sexan contratados para traballaren na quenda de noite (de 22 horas p.m. a 6 horas a.m.) percibirán a retribución que se pacte, coa excepción do sereno á que se refire o artigo 15º.

No caso de traballadores doutras quendas (xa sexa mañá ou tarde), cando a súa xornada habitual se cambie á quenda de noite, estes percibirán un incremento do 25% no seu salario base.

Artigo 22º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación das cláusulas deste convenio, a comisión paritaria estará formada por dous representantes da empresa e dous representantes dos traballadores, entre os que estarán os compoñentes da comisión negociadora.

Vigo, 6 de outubro de 1999.

ANEXO

Táboa de salarios

CategoríasSalario base mensual

-Técnicos titulados
Licenciado127.917
Perito122.670

-Técnicos non titulados
Encargado xeral117.529
Mestre de fabricación117.529

-Administrativos
Xefe administrativo de 1ª127.917
Xefe administrativo de 2ª122.670
Técnico en custos112.251
Oficial de 1ª112.251
Secretario de dirección108.302
Oficial de 2ª103.891
Caixeiro103.891
Auxiliar 93.182

-Persoal mercantil
Xefe de vendas122.670
Viaxante e vendedor102.434
Corredor de praza 98.609

-Persoal de producción
Oficial de 1ª103.730
Oficial de 2ª100.334
Axudante 93.707
Formación maior 18 anos 92.494

-Subalternos
Almaceneiro 95.322
Cobrador 95.322
Basculador-pesador 95.322
Porteiro 95.322
Sereno 93.266
Persoal de limpeza 92.494
Ordenanza 92.494

-Persoal de acabado, envasado e empaquetado
Oficial de 1ª 93.784
Oficial de 2ª 92.977
Axudante 92.977

-Persoal de oficios auxiliares
Oficial de 1ª103.730
Oficial de 2ª100.335
Peón 92.494
Degustador/a102.434
Aprendiz 17 63.494