Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 15 de decembro de 1999 Páx. 14.706

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se elevan a definitivas e se lles dá publicidade ás listas definitivas das solicitudes admitidas e excluídas dos programas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 1999 para o persoal ó servicio da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rematados os traballos do reparto do fondo de acción social para 1999 e de conformidade co establecido nos puntos 6 e 7 do acordo da Comisión Paritaria de Acción Social sobre os criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio 1999 para o persoal ó servicio da Administración de xus

tiza nesta Comunidade Autónoma, ó que se lle deu publicidade por Resolución do 18 de maio de 1999 da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local (Diario Oficial de Galicia nº 102, do 31 de maio), procede elevar a definitivas e darlles publicidade ás listas definitivas das axudas do fondo, unha vez transcorrido o prazo de alegacións previsto no punto terceiro da Resolución do 21 de outubro de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 211, do 2 de novembro), polo tanto esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitivas e darlles publicidade ás listas definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ós programas I, II e III: axuda fillos e estudios fillos, estudios funcionarios e axuda minusválidos, que estarán expostas no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nas audiencias provincias, nos xulgados decanos e no Servicio de Xerencia.

Segundo.-Notificar persoalmente da admisión definitiva e do importe que se vai percibir ou da exclusión definitiva ós solicitantes do programa IV: axuda gastos médicos (psicoterapia).

Terceiro.-Que a contía do programa I se verá incrementada polos sobrantes do programa IV e do programa II.

Cuarto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán presentar recurso de reposición ante o director xeral de Xustiza, Interior e Relacións Laborais no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de acordo co previsto no artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1999.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local