Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 15 de decembro de 1999 Páx. 14.703

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 276/1999, do 21 de outubro, polo que se regula a composición e as funcións do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no DOG nº 211, do martes 2 de novembro de 1999, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 12.814, no artigo 3º, punto 3, parágrafo terceiro onde di: «-Un representante da Escola de Imaxe e Son, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta daquela.», debe dicir: «-Un representante de cada unha das escolas de Imaxe e Son, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta daquelas.».