Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 14 de decembro de 1999 Páx. 14.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da unidade de actuación número 29 do Plan Xeral de Ordenación Urbana-Ponte Bolera.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 25 de outubro de 1999 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 29 do Plan Xeral Municipal de Ordenación Urbana-Ponte Bolera, redactado polos arquitectos

Ricardo Aguilar Argenti e Enrique Barreiro Álvarez, visado pola Delegación en Pontevedra do C.O.A.G. en data 28-7-1998, promovido, mediante iniciativa particular, por José García Blanco, Carlos Romero García e Valentín González Dacal, dispoñéndose o seu sometemento a información pública, tendo que estar definitivamente aprobado o proxecto de compensación da citada unidade, previo á aprobación definitiva do proxecto de urbanización.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (Fomento-Rúa Dona Tareixa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 19 de novembro de 1999.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tte. de alcalde delegado de Urbanismo e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral