Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 14 de decembro de 1999 Páx. 14.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (208/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 25 de novembro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de compensación da UA 16 do SU-3, do PXOU de Ourense por instancia de Eligio López González en representación de Darío e Eligio López Constructores, S.L.

2. Aprobar inicialente o proxecto de urbanización da zona 16 do SU-3 do PXOU de Ourense por instancia de Eligio López González en representación de Darío e Eligio Construcciones, S.L. logo da constitución de garantía polo importe de 6.800.000 ptas. co obxecto de asegurar-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto nos artigos 137, 102 e 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 1 de decembro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde