Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 14 de decembro de 1999 Páx. 14.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Acordo da Comisión de Goberno, en sesión do día 20 de outubro de 1999, polo que se aprobou a adxudicación mediante concurso para a adquisición dun vehículo radio patrulla para a policía local; porlo presente anúnciase a licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a adquisición dun vehículo radio patrulla para a policía local, segundo as características que se recollen no prego de condicións.

b) Prazo de entrega (meses): o prazo máximo de entrega será de 30 días laborables desde a data de notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación

Importe total: 3.250.000 pesetas, IVE incluído, financiadas mediante operación de leasing, en 48 mensualidades dun máximo de 75.000 pesetas cada unha e un valor residual de cero pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 65.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación.

b) Domicilio: Ronda de la Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 43, 29 71 86.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sexta do prego de condicións.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2. Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3. Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cual o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: na primeira reunión da xunta de compras que se realice, con posterioridade ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 27 de outubro de 1999.

Eva Mª Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente-alcalde delegado da Área