Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 14 de decembro de 1999 Páx. 14.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

Por acordo do Concello Pleno do 25-11-1999 acordouse a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e por resolución da alcaldía do 30-11-1999 aprobáronse os pregos de condicións administrativas e técnicas que haberán de rexe-la contratación mediante concurso con procedemento aberto dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e Cartografía, os cales se expoñen por prazo de oito días hábiles. En caso de presentarse reclamacións contra eles, apalazarase a licitación.

Así mesmo, convócase licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Obxecto do contrato e prazos: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e Cartografía. Prazo: 12 meses.

2. Tipo de licitación: 17.000.000 de ptas.

3. Garantías: provisional: 340.000 ptas., definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

4. Presentación das ofertas: durante os trece días naturais seguintes ó da súa publicación no DOG.

5. Apertura das ofertas: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, ás doce horas.

Sada, 1 de decembro de 1999.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde