Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 14 de decembro de 1999 Páx. 14.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 10 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do expediente sancionador 15-255/1999, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-255/1999, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (praza de Europa nº 10-A-2º, edificio Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela) no prazo dun mes contado a partir do seguinte día ó da notificación da presente reolución. Tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que coide pertinente ó seu dereito.

Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva,

en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa de Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á sua exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

A. As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente habil e posterior.

B. As débedas notificadas entre os días dezaseis e o derradeiro de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-255/1999.

Inculpado: Antonio Ferreira Barros Café Concierto Tarot.

Enderezo: rúa Sol nº 78-80, 15401 Ferrol.

Sanción e motivos: 50.000 ptas., negativa a satisface-las demandas do consumidor.

Data da resolución: 4-9-1999.

A Coruña, 10 de novembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña