Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 14 de decembro de 1999 Páx. 14.657

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1999 pola que se fai pública a adxudicación do concurso para a renovación da instalación e a prestación do servicio de telefonía no edificio desta institución.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1996, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de subministración:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 9/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de subministración.

b) Descrición do obxecto: concurso, polo procedemento aberto, para a renovación da instalación e a prestación do servicio de telefonía no edificio do Parlamento de Galicia.

c) Lotes: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 179, do 15 de setembro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 26.152.449 ptas. (157.179,38 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 16 de novembro de 1999.

b) Contratista: Telefónica de España S.A.U.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación:

Importe total: 22.058.811 ptas. (132.576,12 euros).

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1999.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia