Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 14 de decembro de 1999 Páx. 14.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1999 pola que se convoca a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, como expediente anticipado de gasto, dun contrato administrativo de consultoría e asistencia que ten por obxecto a redacción dun proxecto técnico de obras.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anun-

cia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que se refire esta resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora:

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto técnico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra de construcción dun pavillón polideportivo no lugar de Vilacristovo, Sobradelo, concello de Carballeda de Valdeorras, (Ourense).

b) Prazo de execución: corenta e cinco (45) días.

c) Orzamento base de licitación: dous millóns duascentas dezanove mil cincocentas trece pesetas (2.219.513), IVE incluído.

d) Garantía definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

3. Obtención de documentación e información:

No servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitadas directamente na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

4. Presentación de ofertas:

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na carátula do sobre «A» (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

5. Apertura de ofertas:

Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto (5) día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas

da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

6. Gastos de anuncios:

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1999.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte