Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 14 de decembro de 1999 Páx. 14.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se acorda a remisión do expediente administrativo T.E. 082/1998 ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 921/1999 interposto por Mariscos Redemar, S.L.

Para os efectos de lle dar cumprimento ó solicitado polo Xulgado do Contencioso Administrativo número un da Coruña, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo nº 921/1999 interposto por Mariscos Redemar, S.L., contra a resolución do delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na Coruña de data do 11 de febreiro de 1999, sobre a solicitude de autorización previa á concesión de licencia municipal para a construcción dunha nave industrial para depuración de moluscos no lugar de Esteiro-Castro, A Granxa, concello de Boiro, de conformidade cos artigos 48 e 49 da Lei do 13 de xullo de 1998, da xurisdicción contencioso-administrativa, e en virtude das competencias atribuídas pola Orde do 19 de agosto de 1997, pola que se delegan nos delegados provinciais atribucións en materia de urbanismo,

RESOLVO:

1. Remiti-lo expediente número T.E. 082/1998 ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no que se denegou a solicitude de autorización previa á concesión de licencia municipal para a construcción dunha nave industrial para depuración de moluscos no lugar de Esteiro-Castro, A Granxa, concello de Boiro.

2. Notifica-la presente resolución a tódolos interesados e proceder á súa publicación no DOG para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento que non se poidan notificar por descoñecemento do seu domicilio, emprazándoas para que poidan comparecer nos autos da Sala do

Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

A Coruña, 17 de novembro de 1999.

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña