Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 14 de decembro de 1999 Páx. 14.640

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de decembro de 1999 pola que se convocan para a elección de destino os aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas ordes do 30 de decembro de 1997 para o acceso ós corpos superior, administrativo, auxiliar e subalterno de Administración xeral da Xunta de Galicia (grupos A, C, D e E).

Advertida omisión no texto da citada orde, publicada no DOG nº 237, do 10 de decembro de 1999,

é necesario engadi-la descrición dos códigos dos anexos publicados:

Interpretación dos códigos

Requisito indispensable: titulación

2022 (licenciado en ciencias económicas).

2062 (licenciado en dereito).

2064 (licenciado en historia da arte).

2276 (preferente licenciado económicas ou empresariais).

Formación específica

058 (coñecementos de urbanismo).

952 (experiencia en inspección de consumo).

Observacións

A23 (xornada de tarde).

A48 (xornada partida).

A80 (situado en I.B. A Sardiñeira-A Coruña).