Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 14 de decembro de 1999 Páx. 14.640

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de decembro de 1999 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos, nomeados pola Orde do 13 de xullo de 1999 (DOG número 142, do 26 de xullo).

Sendo nomeados funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos pola Orde do 13 de xullo de 1999 (DOG nº 142, do 26 de xullo), e de conformidade co disposto no artigo 40 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e o artigo 5 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos nomeados pola Orde do 13 de xullo de 1999 (DOG nº 142, do 26 de xullo) que non obtiveran destino definitivo ata a data de publicación desta convocatoria no DOG, para a elección de destino definitivo na sala nº 5 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) sita na rúa Madrid 2-4, polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, o día 21 de decembro de 1999 ás 12 horas; poderán elixir segundo a orde conseguida no proceso selectivo entre os postos que se relacionan no anexo.

A elección de posto realizarase de conformidade co disposto nos artigos 40 e 60.3º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e o artigo 5 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Os funcionarios deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a personalidade.

Os que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Aqueles que soliciten postos de traballo que na correspondente relación de vacantes figuren con requisitos imprescindibles para o seu desempeño deberán ir provistos dos documentos xustificativos correspondentes e, se é o caso, copia cotexada fidedignamente, para acreditar que reúnen os requisitos.

Ós que non comparezcan persoalmente nin por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles corresponden atendendo a orde de publicación destas e ó número obtido no proceso selectivo, unha vez rematado o proceso de adxudicación das prazas ós funcionarios presentes ou representados, e entre as que quedaran sen adxudicar.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

NúmeroCódigo do postoDenominaciónNivelGruposCentro

destino

ConcelloRequis.

Indisp.

1EFA010000115770006X. Secc. Análise e Estudios25ABIGESantiago de C.

2EFA010000115770024X. Secc. Análise e Estudios25ABIGESantiago de C.

3EFA010000115770031X. Secc. Análise e Estudios25ABIGESantiago de C.

4EFA010000015770003Posto base grupo A20AIGESantiago de C.

5EFA010000015770004Posto base grupo A20AIGESantiago de C.

6EFA010000015770005Posto base grupo A20AIGESantiago de C.

7EFA010000015770006Posto base grupo A20AIGESantiago de C.

8EFA010000015770007Posto base grupo A20AIGESantiago de C.

9EFA010000015770008Posto base grupo A20AIGESantiago de C.

10EFA010000015770010Posto base grupo A20AIGESantiago de C.

11EFA010000015770011Posto base grupo A20AIGESantiago de C.