Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 30 de setembro de 1999, aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana (PXOU) na parcela da sede das organizacións sindicais e empresariais na confluencia das rúas da República do Salvador e Xeneral Pardiñas, promovida polos servicios técnicos municipais.

O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

O acordo de aprobación inicial determina automaticamente, por aplicación do previsto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias para os usos e obras que resulten incompatibles coas determinacións do proxecto de modificación.

Contra o acto de suspensión de licencias os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza, ou de se-lo caso, Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde