Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 25 de outubro de 1999, aprobou inicialmente a delimitación da unidade de xestión número 17 (UX-17) igrexa de Vidán, promovido por Contrafolla e Rella, S.L.

O ámbito de actuación abrangue unha superficie de 3.705,61 m e comprende os seguintes lindeiros:

Norte: nave de ferraxería Hijos de C. Villaverde e campo da igrexa do Divino Salvador de Vidán.

Sur: nave de Gaseosas Espiña, S.L.

Leste: Avda. Mestra Victoria Míguez (casa número 42 e terreos limítrofes).

Oeste: terreos do parque infantil de Vidán.

En cumprimento do que dispón o artigo 121.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Planeamento e Xestión, sitas no Pazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde