Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PINO

ANUNCIO.

A Alcaldía do Concello do Pino, en Decreto do 20 de novembro de 1999, aprobou as bases que

teñen que rexe-la convocatoria do proceso selectivo para a provisión da seguinte praza:

Unha praza de auxiliar administrativo (promoción interna) escala de administración xeral-subescala auxiliar, mediante concurso oposición.

As mencionadas bases foron publicadas no BOP da Coruña nº 249, do 29 de outubro de 1999. Quen desexe tomar parte na dita convocatoria deberá presentar instancia no rexistro xeral do concello no prazo de vinte días naturais contados desde a publicación deste anuncio no BOE.

O que se publica en cumprimento da normativa vixente.

O Pino, 4 de novembro de 1999.

A secretaria

Rubricado