Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do 24 de novembro do ano que andamos acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a unidade de execución nº 12 previstas nas normas subsidiarias municipais do planeamento de Cambre, presentado por Lumiera, S.L., e redactado polo arquitecto Fermín Corrochano Casares.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia e o artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se estimen pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Área de Urbanismo e Réxime Interior deste concello.

Cambre, 3 de decembro de 1999.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde