Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1999 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación das subministracións que se citan.

Expediente: 53/1999.

Obxecto: equipamento aula internet na Biblioteca Central da Universidade de Vigo.

Localidade: Vigo.

Importe licitación:

Lote 1: 10.900.000 ptas., IVE incluído.

Lote 2: 7.200.000 ptas., IVE incluído.

Lote 3: 1.700.000 ptas., IVE incluído.

Prazo entrega: 1 mes (tódolos lotes).

Expediente: 54/1999.

Obxecto: dotación de laboratorio de fisioloxía para a Facultade de Ciencias da Educación.

Localidade: Pontevedra.

Importe de licitación:

Lote 1: 5.900.000 ptas., IVE incluído.

Lote 2: 3.000.000 de ptas., IVE incluído.

Lote 3: 1.500.000 ptas., IVE incluído.

Lote 4: 1.495.000 ptas., IVE incluído.

Lote 5: 1.000.000 de ptas., IVE incluído.

Lote 6: 355.000 ptas., IVE incluído.

Prazo de entrega: 1 mes (tódolos lotes).

Expediente: 55/1999.

Obxecto: dotación do laboratorio de biomecánica para a Facultade de Ciencias Sociais en Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

Importe de licitación: 12.750.000 ptas., IVE incluído.

Prazo entrega: 2 meses e medio.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto dos contratos:

a) Descrición dos obxectos: os arriba indicados.

b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) División por lotes e número: -.

d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato.

e) Prazo de entrega: os arriba indicados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importes totais: os arriba indicados.

5. Garantías:

Provisionais: 2% dos importes de licitación.

Definitivas: 4% dos importes de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo - Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: edificio anexo ó Rectorado, r/ Areal, nº 46 - 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 71.

e) Telefax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: Rectorado - edificio anexo r/ Oporto nº 1 - planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Plazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Areal, nº 46 - 1ª planta.

c) Localidade: Vigo 36201.

d) Data: o terceiro día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil.

e) Hora: 13 horas.

9. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Vigo, 30 de novembro de 1999.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo