Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación do Concello de Carballo, en sesión que tivo lugar o día vintenove de novembro de mil novecentos noventa e nove, aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias e complementarias do planeamento de Carballo, no ámbito da Ponte da Pedra-estrada de Razo, para a construcción dun centro comercial en Carballo (A Coruña).

O expediente exponse ó público na Secretaría do concello, polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no DOG e nun dos xornais de maior circulación na provincia, co obxecto de que calquera persoa interesada poida presenta-las alegacións que considere oportunas.

Carballo, 1 de decembro de 1999.

Manuel Varela Rey

Alcalde