Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 12 de novembro de 1999, da Área Provincial da Coruña, intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-109-CD/67, conta 22 e outro máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código civil e a cláusula III do contrato de compravenda, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou se comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, con conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 12 de novembro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

José Antonio Rico Iglesias e herdeiros.

Expediente: C-109-CD/67 (desafiuzamento F.P. 486/99).

Conta: 22.

r/Armada Española, bloque 29, P-1, 8º B, polígono de Caranza (Ferrol).

Importe da débeda: 149.940 ptas.

Manuela Fontán Castelo e herdeiros.

Expediente: C-109-CD/67 (desafiuzamento F.P. 488/99).

Conta: 66.

r/Armada Española, bloque 30, P-5, 4º A, polígono de Caranza (Ferrol).

Importe da débeda: 282.746 ptas.