Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 10 de novembro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica proposta do expediente administrativo de desafiuzamento por non ocupación, intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, por resultar descoñecido o seu domicilio (expediente 35/1999).

Por medio desta cédula, en en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1963, do 24 de xullo, notifícaselle o interesado, cos datos e último domicilio

coñecido sinalado no anexo, a proposta de resolución de desafiuzamento acordada pola instructora do expediente do IGVS da Coruña por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1967, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da pubicación desta cédula para a contestación perante este Servicio Provincial do IGVS da Coruña alegando por escrito canto consideren conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo, elevaranse as actuacións ó órgano competente para a súa resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 10 de novembro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 35/99.

Adxudicatario: Dolores Maneiro Maneiro e herdeiros.

r/Alcalde Quintanilla, unidade veciñal 2, bloque 5, 13º A, polígono de Caranza (Ferrol) (C-2-CD/68, conta 439).