A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:
1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza; As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.
2. Modalidade de adxudicación elixida: procedemento aberto, concurso.
3. Obxecto do contrato, número CPA: concurso público: 127/1999.
Determinacións de farmacocinética.
Lote 1. Nº Determinac./ano, Mat. consumible/ano e Arrend. equipos auto analizadores.
Cantidades: indicadas no modelo de proposición económica que se xuntan coa documentación facilitada.
4. Data de adxudicación do contrato: 29-10-1999.
5. Criterios de adxudicación do contrato: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares da subministración.
6. Ofertas recibidas: unha.
7. Nome e enderezo do provedor o provedores: lote 1: Abbott Científica, S.A.; Josefa Valcárcel, 48; 28027 Madrid (España).
8. Prezo pagado: lote 1: 44.132.354 pesetas (265.240,79 euros).
9. Valor do contrato que pode ser obxecto de subcontratación:
10. Outras informacións:
11. Data de publicación do anuncio do contrato no BOE, Diario Oficial de las Comunidades Europeas e no Diario Oficial de Galicia: DOCE 14-9-1999, BOE 10-9-1999, DOG 10-9-1999.
12. Data de envío do presente anuncio: 16 de novembro de 1999.
A Coruña, 3 de novembro de 1999.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan
Canalejo-Marítimo de Oza da Coruña