Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.594

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO (4721/1999).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta Sección Segunda

da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, acordouse admitir a trámite o recurso interposto polo avogado do Estado, en nome e representación da Dirección Xeral de Costas, contra acordo do Concello de Vilagarcía de Arousa do 1-3-1999, polo que se aproba o estudio de detalle para a ordenación de soar na Avda. de Rosalía de Castro e na rúa Lucena.

Recurso: 02/0004721/1999.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 23 de novembro de 1999.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado