Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.595

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (645/1998-J).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, fago saber que neste xulgado se segue xuízo de faltas 645/1998 por lesións ocorridas en Rois (A Coruña) o día 26 de xuño de 1998, no que aparece como denunciante José Figueroa Chorén e como denunciada María López Castro, dictada providencia no día da data pola xuíza Lamas Méndez, na que se acorda o sinalamento do xuízo para o vindeiro día 9 de febreiro de 2000, ás 10.45 horas.

E sendo descoñecido o domicilio da denunciada, María López Castro, e para que lle sirva de citación en forma, expídese este edicto en Padrón, 24 de novembro de 1999.

O secretario

Rubricado