Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.594

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1999 pola que se fixa e fai pública a data do primeiro exercicio das probas selectivas ó corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia convocado por Resolución do 12 de febreiro de 1999.

Por Resolución do 12 de febreiro de 1999 (DOG número 42, do 2 de marzo) foron convocadas oposicións ó corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia. Reunido o tribunal, resolveu:

Fixa-la data do primeiro exercicio para o próximo día 21 de decembro de 1999, martes, ás 16.30 horas, na biblioteca do Consello Consultivo de Galicia (r/ Algalia de Abaixo, número 24, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios en relación coa realización dos exercicios efectuarase no taboleiro de anuncios do Consello Consultivo de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 1999.

Juan José Gallego Fouz

Secretario do tribunal