Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.588

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 29 de novembro de 1999 pola que se amplían os prazos de xustificación dos investimentos realizados ó abeiro da Orde do 9 de febreiro de 1999 pola que se convoca e se regula o réxime de concesión de axudas para mellora-la eficiencia e a infraestructura enerxética de Galicia.

A Consellería de Industria e Comercio dictou a Orde de 9 de febreiro de 1999 pola que se convoca e se regula o réxime de concesión de axudas para mellora-la eficiencia e a infraestructura enerxética de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 44, do 4 de marzo).

Na citada disposición establécese como requisito indispensable para o libramento de axudas a presentación da documentación acreditativa do investimento realizado antes do 30 de novembro de 1999.

Tendo en conta que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un dilatado proceso de avaliación dos proxectos e resolución dos respectivos expedientes, considérase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

En consecuencia, no uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ó abeiro da orde da Consellería de Industria e Comercio, do 9 de febreiro de 1999, ata o 15 de decembro de 1999.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1999.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio