Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.587

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de novembro de 1999 pola que se conceden subvencións a conservatorios de música públicos non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Por Orde do 9 de setembro de 1999 (DOG do 24), publícase a convocatoria para a concesión de

axudas a conservatorios de música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión das ditas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas, nas contías que se sinalan, ós conservatorios de música públicos que se relacionan no anexo a esta orde.

Segundo.-Modifica-lo prazo de xustificación establecido no punto décimo primeiro da Orde do 9 de setembro de 1999 pola que se publica a convocatoria, fixando novo prazo para a xustificación total das axudas ata o día 15 de decembro de 1999.

Terceiro.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes e segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Denominación do conservatorioContía da subvención

concedida/pesetas

Carballo2.410.471

Culleredo2.241.201

Melide1.922.542

Noia1.910.103

Pontes de García Rodríguez, As2.372.392

Ribeira2.029.761

Vilalba3.407.381

Viveiro3.980.494

Barco, O2.565.336

Carballiño, O2.025.607

Cangas2.626.258

Estrada, A2.147.638

Guarda, A1.436.593

Ponteareas3.812.659

Redondela2.420.601

Tui2.104.421

Xinzo de Limia1.186.542