Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.587

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de decembro de 1999 pola que se dispón que o secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública se encargue do despacho dos asuntos da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

Producido o cesamento do titular da Dirección Xeral de Organizacións e Sistemas Informáticos, cómpre adopta-las medidas inmediatas para que, sen prexuízo do posterior nomeamento do novo titular do centro directivo, se asegure o correcto funcionamento do servicio e a resolución, se é o caso, dos asuntos encomendados á devandita dirección xeral.

Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-O desenvolvemento das accións e o exercicio das competencias propias da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, que figuran no Decreto 262/1994, do 29 de xullo, modificado polo Decreto 252/1996, do 20 de xuño, e outras que lle fosen expresamente delegadas, quédanlle encomendados temporalmente e ata que se produza o nomeamento do seu titular ó secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública