Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

BASES, exercicios e programa das probas selectivas para cubrir, mediante oposición libre, unha praza de auxiliar de Administración xeral vacante no Concello de Redondela.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

1. De acordo coa oferta de emprego público do Concello de Redondela, correspondente ó ano 1997, convócanse probas selectivas para cubrir, polo sistema de oposición libre, 1 praza da subescala de auxiliares, dotada cos emolumentos correspondentes ó grupo D, nivel 16, complemento específico de 60.727 ptas. e complemento de destino de 50.115 ptas.

2. O tribunal responsable da selección non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ó da praza convocada.

Segunda.-Condicións ou requisitos que deben reunir ou cumpri-los aspirantes.

Para acceder á praza convocada será necesario:

a) Ter nacionalidade española ou ser membro da Comunidade Europea.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non execeder de cincuenta e cinco anos, ámbalas dúas referidas ó día en que finalice o prazo de presentación de instancias.

c) Estar en posesión ou en condicións de obtelo na data en que termine o prazo de presentación de instancias, do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servico ó Estado, ás comunidades autónomas ou ás entidades locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio da Función Pública.

Terceira.-Presentación de solicitudes.

1. As instancias polas que se solicita tomar parte na oposición, na que os/as aspirantes deberán manifestar que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, referidas sempre á data de expiración do prazo sinalado para a presentación de instancias dirixiranse ó alcalde-presidente da corporación e presentaranse no rexistro xeral do concello, os días laborables de 9 a 14 horas. As instancias tamén poderán presentarse na forma que determine o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC).

2. O prazo de presentación será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

3. Á solicitude unirase fotocopia do DNI, carta de pagamento acreditativo do ingreso na Tesourería Municipal da cantidade de 3.000 pesetas en concepto de dereitos de exame. Se o pagamento se fixese por xiro postal, os solicitantes farán constar na instancia a data do xiro e o número de xutificante del.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Expirado o prazo de presentación de instancias o alcalde dictará resolución no prazo máximo dun mes declarando aprobada a lista de admitidos/as e excluídos/as. Na dita resolución que se publicará no BOP e no taboleiro de anuncios do concello, indicarase o nome e apelidos e DNI dos admitidos/as e excluidos e indo as causas de exclusión e concederase un prazo de 10 días hábiles para emenda de defectos, se é o caso, a teor do establecido no artigo 71 da LRXAP e PAC.

Quinta.-Probas selectivas.

Primeiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio e escrito. Consiste en cubrir un cuestionario de 50 preguntas con respostas alternativas referentes ó contido do programa anexo a estas bases, sendo só unha delas correcta. Para a súa resolución os/as aspirantes deberán sinalar na folla de exame a opción que coide correcta dentro das que se propoñan. As respostas contestadas e falladas valoraranse negativamente a razón de 0,1 puntos, as respostas acertadas valoraranse 0,2 puntos. O tempo de realización é de corenta e cinco minutos.

Segundo exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en expresar oralmente durante un período máximo de vinte minutos dous temas extraídos ó chou de entre os comprendidos no programa anexo a estas bases. Antes de comeza-la exposición, os aspirantes dispoñerán dun tempo de cinco minutos para a realización dun esquema. Valoraranse os coñecementos que se teñan sobre os temas, e á finalización da exposición os membros do tribunal poderán efectua-las preguntas aclaratorias que coiden convenintes.

Terceiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos/as aspirantes. Consistirá nunha

proba práctica proposta polo tribunal que acredite o coñecemento do procesador de textos Corel WordPerfect, versión 7 swith, existente no Concello de Redondela. Na proba valorarase a súa execución correcta e manexo do programa, dándose para a súa realización un tempo máximo de 15 minutos. Para supera-lo exericio será necesario acadar unha puntuación mínima de 5 puntos.

Cuarto exercicio: de carácter obrigatorio, sobre coñecemento da lingua galega. Este exercicio constará de dúas partes.

a) Primeira parte. Consistirá nunha traducción directa e inversa, sen axuda de diccionario, dun texto, durante o tempo que fixe o tribunal, valorándose cun máximo de 6 puntos.

b) Segunda parte. Consistirá nunha proba oral do coñecemento do idioma galego, durante o tempo que fixe o tribunal, valorándose cun máximo de 4 puntos.

Sexta.-Tribunal cualificador.

1. Composición: o tribunal cualificador estará integrado conforme o disposto no artigo 4 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, artigo 11 do Real decreto 2223/1984, do 19 de decembro, polos membros seguintes:

Presidente: o da corporación ou membro en quen delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario/a en quen delegue.

Vocais:

-Un/ha representante da Comunidade Autónoma.

-Un/ha funcionario/a de carreira do concello pertencente ó grupo A, B, C ou D, escala de Administración xeral, nomeado polo alcalde.

-Un/ha representante da xunta de persoal.

-Un/ha representante por cada un dos grupos políticos con representación neste concello.

Os nomeamentos que se efectúen deberán designar suplentes.

2. Constutición e actuación: o tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia, como mínimo, de tres dos seis membros titulares ou suplentes, indistintamente. As decisións adoptaranse por maioría de votos dos membros representantes, resolvendo, en caso de empate, o voto de calidade do/a presidente do tribunal.

A actuación do tribunal axustarase estrictamente ás bases da convocatoria. Nembargantes, o tribunal resolverá as dúbidas que xurdan da súa aplicación e poderá toma-los acordos que correspondan para aqueles supostos non previstos nas bases.

O tribunal poderá acorda-la incorporación de asesores/as especialistas para tódolas ou algunhas das probas. Estes/as asesores/as limitaranse a valora-los exercicios correspodentes á súa especialidade técnica e colobararán co tribunal exclusivamente no tocante á dita especialidade.

3. Vinculación da resolución do tribunal: as resolucións do tribunal vinculan a Administración sen prexuízo de que esta, se é o caso, poida proceder á súa revisión, conforme o previsto no artigo 102 e seguintes da LRXA e PA, neste caso haberá que practicar novamente as probas e os trámites afectados pola irregularidade.

Sétima.-Calendario de realización das probas.

1. O lugar, data e hora de celebración dos exercicios das probas selectivas fixarase na resolución da alcaldía onde declare a admisión e exclusión dos aspirantes a que se refire a base cuarta.

2. A orde de actuación, naqueles exercicios que non poidan realizarse conxuntamente, será a alfabética, comezando polo aspirantes o primeiro apelido do cal empece coa letra A.

3. Os/as aspirantes serán convocados provistos do seu DNI, para cada exercicio en chamamento único e salvo casos de forza maior debidamente xustificada e apreciada libremente polo tribunal; a non-presentación dun aspirante a calquera dos exercicios obrigatorios no momento do seu chamamento determinará automaticamente a perda do seu dereito a participar nos exercicios e en consecuencia quedará excluído do proceso selectivo.

4. Unha vez comezadas as probas selectivas non será obrigatorio a publicación dos sucesivos anuncios da celebración das restantes probas no BOP. Estes anuncios deberán ser feitos públicos polo tribunal nos locais onde se celebraron as probas anteriores e no taboleiro de anuncios do concello.

Oitava.-Sistema de cualificación.

Tódolos exercicios serán cualificados ata un máximo de dez puntos, sendo eliminados/as os/as opositores/as que non alcancen un mínimo de cinco puntos nos exercicios primeiro, segundo e terceiro.

O número de puntos que poderán ser outorgados por cada membro do tribunal, en cada un dos exercicios, será de cero a dez.

As cualificacións adoptaranse sumando as puntuacións outrogadas polos distintos membros do tribunal e dividindo o total polo número de asistentes, sendo o cociente a cualificación definitiva.

A orde de cualificación definitiva estará determinada pola suma de puntuacións obtidas no conxunto dos exercicios.

Novena.-Relación de aprobados/as.

Terminada a cualificación dos/das aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados/as pola orde de puntuacións, e estes non poderán supera-lo número de prazas convocadas e elevará a dita relación ó presidente da corporación para que formule o nomeamento pertinente.

Ó mesmo tempo remitiralle á dita autoridade a acta da última sesión.

Décima.-Presentación de documentos.

1. O/a aspirante proposto/a achegará ante a Administración dentro do prazo de vinte días naturais desde que se fagan públicas a relación de aprobados/as, os documentos acreditativos das condicións que para tomar parte na oposición se esixiron na base segunda:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Copia autenticada ou fotocopia (que deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título esixido.

c) Certificado acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función que se vai desempeñar, expedida polo órgano sanitario competente.

d) Declaración xurada ou promesa do non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración pública, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.

2. Quen tivese a condición de funcionario/a público, estará exento de xustificar documentalmenteas condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración pública da que dependan, acreditando a súa condición e cantas circunstancias consten no seu expediente persoal.

3. Quen dentro do prazo indicado, e salvo os caos de forza maior, non presentase a documentación, non poderá ser nomeado, quedando anuladas tódolas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puidese ter incorrido por falsidade na súa instancia.

Décima.-Nomeamento e toma de posesión.

1. Concluído o proceso selectivo e achegados os documentos a que se refire a base anterior, o alcalde, de acordo coa proposta do tribunal cualificador, procederá a nomea-lo/a funcioario/a de carreira, que deberá tomar posesión no prazo de trinta días, contados desde o seguinte a quel en que sexa notificado o nomeamento, debendo previamente prestar xuramento ou promesa de conformidade co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

2. Quen sen causa xutificada non tome posesión no prazo sinalado quedará en situación de cesante, con perda de tódolos dereitos derivados da convocatoria e do nomeamento conferido.

Décima segunda.-Normas de aplicación.

Para o non previsto nestas bases ou naquilo que a contradiga, serán de aplicación a Lei 7/1985, do 2 de abril; o Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; a Lei 30/1984, do 2 de agosto, e o Real decreto 364/1995, do 10 de abril, e Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, pola Lei 5/1997, do 22 de xullo.

ANEXO

Programa

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais. A reforma constitucional.

Tema 2. A Coroa. As Cortes Xerais.

Tema 3. O Goberno. A Administración do Estado.

Tema 4. O poder xudicial. O Tribunal Constitucional.

Tema 5. Organización territorial do Estado. Os estatutos de autonomía: o seu significado. O Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 6. A actividade das administracións públicas. Normas xerais, termo e prazos.

Tema 7. Disposicións administrativas. Requisitos dos actos administrativos. Eficacia dos actos. Nulidade e anulabilidade.

Tema 8. Fases do procedemento administrativo xeral.

Tema 9. A potestade sancionadora. A responsabilidade das administracións públicas.

Tema 10. Adquisición, suspensión e perda da condicións de membros das corporacións locais. Dereitos e deberes. Os grupos políticos nas corporacións locais. O rexistro de intereses.

Tema 11. O municipio. Constitución, vixencia e finalización do mandato corporativo. O alcalde. O tenente de alcalde. O Pleno do Concello. A Comisión do Goberno.

Tema 12. Funcionamento do Pleno. Requisitos para a celebración das sesións. Os debates. As votacións. Control e fiscalización polo Pleno das actuacións dos demais órganos de Goberno. As actas. Funcionamento da Comisión do Goberno. Réxime xeral das delegacións entre os órganos necesarios.

Tema 13. A organización complementaria dos entes locais territoriais. Os concelleiros-delegados. Os representantes do alcalde. As comisións informativas. A Comisión Especial de Contas. Os consellos sectoriais. Os órganos desconcentrados e descentralizados. Funcionamento dos órganos complementarios.

Tema 14. O procedemento administrativo das entidades locais. A publicidade dos actos e acordos das entidades locais. Actas e certificados. Normas xerais. O rexistro de documentos. Os expedientes. Os interesados nos expedientes, recusacións e abastencións. Comunicacións e notificacións.

Tema 15. Concepto e clasificación dos bens das entidades locais. O patrimonio das entidades locais. O inventario e rexistro dos bens. A utilización dos bens de dominio público. O alleamento de bens.

Tema 16. Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Tema 17. O persoal ó servicio das entidades locais. Funcións propias do axuliar de administración xeral. Deberes e dereitos dos funcionarios locais.

Tema 18. Os contratos administrativos das entidades locais. A selección do contratista.

Tema 19. Recursos das facendas locais. Ingresos de dereito privado. Tributos. Imposicións e ordenación de tribuntos. Taxas. Contribucións especiais. Impostos e recragas. Participacións nos tributos do Estado e das comunidades autónomas. Subvencións. Prezos públicos. Operacións de créditos.

Tema 20. Os orzamentos das entidades locais. Contido e aprobación. Os créditos e as súas modificacións.

Redondela, 13 de outubro de 1999.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde