Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TRASMIRAS

ANUNCIO.

No BOP nº 256, do 6 de novembro de 1999, publícanse integramente as bases da convocatoria de probas selectivas realizada polo Concello de Trasmiras, para prover mediante o sistema de concurso-oposición, con reserva para promoción interna, unha praza da escala de Administración xeral, subescala auxiliar.

Os que, reunindo os requisitos esixidos na convocatoria, desexen participar neste procedemento selectivo, deberán presentar instancia no rexistro xeral deste Concello de Trasmiras, ou segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, durante o prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria serán publicados exclusivamente no BOP e no taboleiro de anuncios desta corporación.

Trasmiras, 9 de novembro de 1999.

Jaime Garrido Sotelo

Alcalde-presidente