Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 4 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título D.OU 08/97, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, adxudicatarios dunha vivenda de protección oficial, que con esta data resolvín publica-la incoación do

expediente de desafiuzamento administrativo por ocupación sen título D. OU-08/97, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora do procedemento a Natalia Saco Rivera, xefa do Servicio Xurídico-Administrativo da delegación provincial e secretaria a Olga Paredes Medela, funcionaria da citada delegación, que poderán ser recusadas en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais (artigos 28 e 29 LRX e PAC).

Os interesados disporán dun prazo de quince días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó acordo, no que poderán alegar por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas ó seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por evacuado o trámite, seguindo o seu curso o expediente.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Ourense, 4 de novembro de 1999.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente D. OU-08/97 (ocupación sen título).

Ocupante: María José Neira Otero e Celso Cidre Rodríguez.

DNI: 32.618.164 e 34.912.677 respectivamente.

Último enderezo coñecido: r/ Pablo Iglesias nº 3 4º C.32004 Ourense.

Feitos imputados: ocupación dunha vivenda de protección oficial, promoción pública do expediente OR-83/010, conta 86, sen título legal.

Precepto aplicable: artigo 30.2ª do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e artigo 138.2ª do Regulamento de vivendas de protección oficial, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.