Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1999, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 2DP/00, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, para a subministración sucesiva de material de incontinencia urinaria (tramitación segundo o artigo 173-1A da LCAP).

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21-4-1998 do conselleiro de Sanidade e Servicios

Sociais sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público para a subministración sucesiva de material de incontinencia urinaria.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Provincial da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3-4ª planta, teléfono 981 18 56 00, fax 981 18 56 78.

2. Modalidade da adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar da entrega da subministración: as entregas do material faranse en todos e cada un dos centros sanitarios da provincia.

b)Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: material de incontinencia urinaria (ver prego de prescricións técnicas).

Orzamento total: oitenta e oito millóns cento noventa e sete mil pesetas (88.197.000 ptas.), IVE incluído (530.074,646 euros).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: a licitación versará sobre a totalidade dos lotes, ou sobre cada un deles.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver prego de prescricións técnicas.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que se poden solicita-los documentos pertinentes: ve-lo punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 31 de decembro de 1999.

6. a) Data límite da recepción das ofertas: 7 de xaneiro de 2000, rematando ás 14 horas.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ve-lo punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de dita apertura: a partir das 10 horas no enderezo que se sinale no punto 1, o día 18 de xaneiro de 2000.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional previa, equivalente ó 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que se presente a empresa ofertante. Unha vez adxudicados os lotes, os adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación dos lotes que lles foron adxudicados.

9. Modalidades esenciais de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase mediante transferencia bancaria á conta desinada polo adxudicatario, unha vez recepcionada a subministración, debendo terse en conta, en todo caso, o establecido no artigo 100 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores:

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas.

14. Variantes: non se admiten.

15. Información adicional: ve-lo punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non se publicou.

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 15 de novembro de 1999.

18. Data de recepción do anuncio:

19. Anuncios: o pagamento da publicidade deste concurso público será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios do contrato ou contratos.

A Coruña, 28 de outubro de 1999.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña