Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 27 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a iniciación do expediente sancionador en materia de réxime de v.p.o. E.S.OU-33/99, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no

anexo se menciona que con esta data resolvín publica-la iniciación do expediente sancionador por infracción do réxime legal de v.p.o., por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor do procedemento a Paulino González Rodríguez, xefe da Sección de Inspeccións e Sancións da delegación provincial e secretaria a Olga Paredes Medela, funcionaria da citada delegación, que poderán ser recusados en calquera momento do expediente, de concorreren os supostos legais.

A interesada disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar por escrito cantas alegacións, documentos e informacións coide convenientes en defensa dos seus intereses e, de se-lo caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 27 de outubro de 1999.

José Elier Ojea Ureña

Delegado Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente E.S. OU-33/99.

Responsable: Mercedes Domarco Caldevilla.

Enderezo: Avda. de Santiago, 125, 4º-4. 32001 Ourense.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artículo 5º.c da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 100.001 ptas.