Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1999 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da adquisición de ordenadores persoais con destino ó CIXTEC, ás distintas dependencias da Consellería de Economía e Facenda e ás oficinas liquidadoras de distrito hipotecario. (Expediente 17/1999).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), rúa Ramón Piñeiro, nº 27, 15702 Santiago de Compostela, teléfono 981 54 13 03.

b) Número de expediente: 17/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Adquisición de ordenadores persoais con destino ó CIXTEC, ás distintas dependencias da Consellería de Economía e Facenda e ás oficinas liquidadoras de distrito hipotecario.

b) Prazo de entrega: 15 días naturais a partir do outorgamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento:aberto.

c) Forma: público.

4. Orzamento base de licitación.

Oitenta e oito millóns de pesetas (88.000.000 de ptas.).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 1.760.000 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación: 3.520.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 13 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do día 4 de xaneiro de 2000.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particuares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado presentaranse no rexistro xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificante da data de imposición do envío na oficina de correos.

8. Apertura das ofertas.

En acto público ás 13 horas do día 13 de xaneiro do ano 2000, no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 16 de novembro de 1999.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1999.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable