Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Comerciantes do Barrio de Casablanca (Vigo).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Aso

ciación de Comerciantes do Barrio de Casablanca (Vigo), que abarcan os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: comerciales.

Asinan a acta de constitución: Juan Mañas Gómez e Jesús Maceira Maceira.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 12 de novembro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra