Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Asociación Provincial Empresarial de Peluquerías de Caballeros de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foi depositada a acta pola que se modifican os estatutos da Asociación Provincial Empresarial de Peluquerías de Caballeros de Pontevedra, consistindo a dita modificación, entre outros extremos, no cambio da denominación, pasando a ser Asociación Provincial de Empresarios de Peluquería y Estética de Pontevedra que abarcan os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: perruquería e estética.

Asinan a acta de constitución: Antonio González Fernández e Jesús M. García Sotelo.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 10 de novembro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra