Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación Gallega de Profesionales del Tatuaje y del Piercing.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e estatutos da Asociación Gallega de Profesionales del Tatuaje y del Piercing que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertenecer á devandita asociación tódalas persoas que estean en posesión do

título de dermografistas, tatuador e profesional do piercing, así como aquelas persoas vencelladas a este medio de forma artística.

Asinan a acta de constitución: Andrés Paredes Arán e dúas persoas máis.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais