Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Federación Provincial de Empresarios de Transportes por Carretera y Servicios Auxiliares de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta pola que se modifica os estatutos da Federación Provincial de Empresarios de Transportes por Carretera y Servicios Auxilares de Pontevedra e mailos novos estatutos, consistindo a dita modificación no cambio do artigo 18 deles.

Territorial: provincial.

Profesional: empresarios de transportes por estrada e servicios auxliares.

Asinan a acta de constitución: Horacio González Molares e José Manuel Otero Fernández.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 24 de novembro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra