Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 11 de novembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica o expediente O-0031/99, referente ó procedemento sancionador incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra a Ángel Iglesias Soliño.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos Viso, nº 10-O Hío-Cangas-Pontevedra, resolución do recurso sancionador número O-0031/99, interposto por Ángel Iglesias Soliño, contra o expediente referente ó procedemento sancionador incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, por ocupar con pedra a modo de peche a beiravía e plantar árbores na estrada C-550, ó entender que tales actuacións constitúen unha infracción moi grave á Lei de estradas de Galicia; da que a súa parte dispositiva di:

Declarar caducado o procedemento administrativo sancionador nº O-0031/99, instruído a Ángel Iglesias Soliño e proceder, en consecuencia, ó arquivo das actuacións nos termos previstos no artigo 20.6º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación conforme o disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción conten

cioso-administrativa; e con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1999.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda