Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 5 de novembro de 1999, do Servicio Provincial de Transportes de Lugo, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente LU-00743-O-1999 e catro máis).

Pola presente cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral

de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa por transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, nº 13.763.620, da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo esta cédula en Lugo, 5 de novembro de 1999.

Antonio Lage González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes de Lugo

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

LU-00743-O-1999

M-3294-SV

G.C. Tráfico

Gestión Logística de Vehículos, S.L.

Orense, 67

2820 Madrid

Circular transportando 7 vehículos, carecendo de tarxeta de transportes en vigor. NOTA: é sancionado por non leva-la tarxeta de transportes no vehículo.

5-5-1999; 11; A-6; 515

Art. 199 b) do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/19905.000 ptas.
LU-00798-O-1999

LU-9320-P

G.C. Tráfico

José Carreira Pérez

Arieiras, 11

274 Lugo

Circular cun vehículo realizando un transporte en réxime de servicio privado complementario, carecendo de tódolos distintivos de radio de acción.

22-5-1999; 20; C-546; 16,500

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30)143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199015.000 ptas.
LU-00928-O-1999

LU-3981-P

G.C. Tráfico

Obras Galiza, S.A.

Polígono do Ceao, s/n

27290 Lugo

Transportar áridos en réxime de servicio privado, carecendo de tódolos distintivos de radio de acción.

21-6-1999; 8.02; N-540; 13,500

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30)143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199015.000 ptas.
LU-01029-O-1999

O-5741-AS

G.C. Tráfico

José María Vila Doce

Aragón, 9-1

33210 (Gijón)

Asturias

Realizar un transporte, carecendo no vehículo dos discos diagramas da semana en curso e o último da semana anterior en que conduciu.

11-6-1999; 9.50; N-634; 564,500

artigo 15 do R(CE) 3821/1985143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199046.000 ptas.
LU-01127-O-1999

LU-8330-T

G.C. Tráfico

Congelados Troulo, S.A.

Rúa Castelao, 63,B

272 Lugo

Circular transportando carga útil en réxime de servicio privado complementario, carecendo dos distintivos de radio de acción.

12-7-1999; 16.30; N-634; 604

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30)143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199015.000 ptas.