Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/385-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Portela.

Situación: Cuntis.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 362 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio da L.M..T A Estrada-Piñeiros-Vea, ata o C.T. que se proxecta en Portela, concello de Cuntis. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 760 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de outubro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra