Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.516

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 19 de novembro de 1999 pola que se convoca concurso de traslados específico entre os funcionarios de carreira do corpo de mestres para cubrir prazas de xefe ou xefa do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Advertidos erros no texto da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 230, luns, 29 de novembro de 1999, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 14.009, na disposición segunda, onde di: «As prazas que se cubrirán neste concurso serán as que aparecen no anexo II desta orde»; debe dicir: «As prazas que se cubrirán neste concurso serán as que aparecen no anexo II desta orde e as resultas que se poidan producir nos centros do anexo III».