Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.516

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 1 e 11 do grupo V publicadas por Resolución do 5 de novembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 219, do 12 de novembro).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997 do 10 de abril, relativas á categoría 1 e 11 do grupo V, publicadas no DOG nº 219, do 12 de novembro de 1999, esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido:

-Incluír a Purificación Ruibal Devigo con DNI nº: 34.602.982 na categoría 1 do grupo V no ámbito territorial X3207 na lista A1 no número de orde 7, e elimina-la do número de orde 5 na lista A2 cunha puntuación de 18.95 puntos.

-Incluír a Manuela Lado García con DNI nº: 32.376.657 na categoría 1 do grupo V no ámbito territorial: X1505 na lista A1 co número de orde 9 cunha puntuación de 22.21 puntos.

-Incluír a Manuela Lado García con DNI nº: 32.376.657 na categoría 11 do grupo V no ámbito territorial: X1505 na lista A1 co número de orde 3, cunha puntuación de 22.41 puntos.

-Incluír a Susana Mª Ormíguez Pérez con DNI nº: 36.066.297 na categoría 11 do grupo V no ámbito territorial: X3609 na lista A2 co número de orde 7, cunha puntuación de 21.88 puntos.

-Incluír a Rosa Mourelle Lapido con DNI nº: 76.500.971 na categoría 11 do grupo V cunha puntuación de 16.88 puntos nos ámbitos seguintes:

-X1509 co número de orde: 15.

-X1512 co número de orde: 21.

-X3601 co número de orde: 11.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública