Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.519

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de decembro de 1999 pola que se corrixen erros na do 10 de novembro de 1999 (DOG do 24 de novembro) pola que se convoca concurso de traslados autonómico entre funcionarios do corpo de mestres.

Advertidos erros e omisións na orde que se cita, cómpre efectua-las correspondentes rectificacións.

Como queira que estas alteran substancialmente as condicións de participación,

DISPOÑO:

Primeiro.-O prazo de presentación de instancias prorrógase a 15 días hábiles contados a partir da publicación desta rectificación no Diario Oficial de Galicia.

Segundo.-Aqueles concursantes que desexen rectifica-la instancia xa presentada, poderán facelo cubrindo unha nova e facendo constar no sobre que se anula a anterior, sen que sexa preciso xuntar nova documentación acreditativa dos méritos.

Terceiro.-As rectificacións son as seguintes:

a) Na páxina 13.803, epígrafe III, parágrafo terceiro, diante do primeiro punto e seguido debe engadirse: «de non facelo así poderán ser destinados a calquera centro da localidade». Na mesma páxina, epígrafe II, punto 3.7 debe retirarse «e os opositores do ano 1992 sempre que fosen declarados aptos na fase de prácticas». Na base cuarta debe engadirse «incluídos os opositores do ano 1992».

b) Na páxina 13.811, zona educativa Arteixo-código 150046, debe engadirse:

Concello Localidade Código localidade CentroCódigo centro

ArteixoArteixo150050200IES Manuel Murguía15023302C

c) Na páxina 13.822, zona educativa Ordes-código 150496, debe engadirse:

Concello Localidade Código localidade CentroCódigo centro

Ordes Ordes 150590914IES Nº 215027939C

d) Na páxina 13.830, zona educativa Castro de Rei, código 270052, debe engadirse:

Concello Localidade Código localidadeCentroCódigo centro

Castro de ReiRibeiras de Lea270102205CEE Nº127001774C

e) Na páxina 13.832, zona educativa: Lugo, código 270180, debe engadirse:

Concello Localidade Código localidade CentroCódigo centro

Lugo Lugo 270282701CEE Nº227006206C

Lugo Lugo 270282701CEE Xordos Fogar27014057C

Sta. María

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria