Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.492

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de novembro de 1999 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior da Xunta de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior da Xunta de Galicia, por Orde do 3 de agosto de 1999 (DOG nº 159, do 18 de agosto), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, e de acordo co establecido na base sexta da citada convocatoria, esta consellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes puntos:

Primeiro.-Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO I

Denominación: secretario/a do secretario xeral.

Centro directivo: Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior da Xunta de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código: PR.P09.00.000.15770.001.