Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.474

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de novembro de 1999 pola que se autoriza o cesamento de actividades da Escola Fogar Santa Rita de Galdo-Viveiro e da Escola Fogar de Quiroga, ámbalas dúas na provincia de Lugo.

Examinados os expedientes e os correspondentes informes da Delegación Provincial de Lugo.

Tendo en conta que o artigo 31 do Estatuto de autonomía e o artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23) establecen que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación,

regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo cesamento de actividades das escolas fogar Santa Rita de Galdo-Viveiro (código 27013478) e a de Quiroga (código 27013715), da provincia de Lugo e, polo tanto, as ditas escolas fogar suprímense como tales.

Segundo.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Tercero.-Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria